InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha viguesa leva á Xunta 30.000 sinaturas para que se actúe contra...

Unha viguesa leva á Xunta 30.000 sinaturas para que se actúe contra os milleiros de bidóns radioactivos que hai fronte as costas galegas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Vigo leva mañá á Xunta máis de 30.000 firmas recollidas en Change.org pedindo aclaracións polos bidóns radioactivos. Foi logo de ver que unha expedición oceanográfica francesa localizou máis de 3.000 bidóns radioactivos fronte ás costas galegas. “Como pode ser que ninguén nos contase isto? Como pode ser que levemos máis de 40 anos nadando, pescando e vivindo sobre un cemiterio nuclear e ninguén nolo dixese?”, di indignada Gabriela Irisarri, a impulsora de change.org/GaliciaCementerioNuclear .

En poucos días conseguiu máis de 33.000 firmas de apoio solicitando “unha investigación inmediata e que comecen xa as tarefas necesarias para retirar os bidóns radioactivos do fondo do mar”. “Que consecuencias ten isto para nosa saúde, para o ecosistema, para a pesca? Por que se ocultou esta información durante tanto tempo“, pregúntase

“Vivín toda a miña vida na costa de Galicia. Nadei neste mar, remei, pesquei, sempre crin que era un lugar seguro. E agora decátome de que, desde hai décadas, baixo estas augas hai miles de bidóns con residuos nucleares abandonados”. Así empeza Gabriela Irisarri esta petición coa que pretende que as administracións tomen cartas no asunto. Os científicos tomaron mostras de auga, sedimentos e fauna mariña. Pero as análises definitivas aínda non existen, “e as autoridades españolas seguen sen dar explicacións claras nin asumir compromisos públicos”, sinala.

Mañá desprázase de Vigo até Santiago para pedir directamente á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia “que se inicie unha investigación, que se dean explicacións e que se saquen eses bidóns radioactivos da nosa costa. Non o pido só eu. Están a pedilo máis de 33.000 persoas”, conclúe.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...