InicioSucesosInterceptan un motorista que circulaba sobre unha roda tras inxerir alcol e...

Interceptan un motorista que circulaba sobre unha roda tras inxerir alcol e cocaína

A persecución finalizou na rúa Aguadiña onde o piloto perdeu o control do vehículo e caeu

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista de 35 anos de idade foi interceptado en Vigo despois de darse á fuga mentres circulaba en equilibrio sobre a roda traseira e tras consumir alcol e cocaína.

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 07.00 horas da mañá do pasado domingo, día 13 de xullo, na avenida do Aeroporto. Alí, varias unidades estaban realizando un control cando observaron unha motocicleta que circulaba a gran velocidade e sobre unha soa roda.

Por iso, un dos funcionarios situouse no centro da vía, dándolle o alto. Ao decatarse de que o condutor non facía caso, outro axente colocouse varios metros por detrás do primeiro para reforzar a orde do seu compañeiro, acelerando a marcha o motorista e téndose que apartar para evitar ser arroiados.

A partir de aí iniciouse unha persecución, que finalizou na rúa Aguadiña, onde o piloto perdeu o control do vehículo e caeu. A pesar dos seus intentos de levantarse e continuar a fuga, foi interceptado polos policías, que procederon á súa detención pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria.

Ademais, ao comprobar que o home presentaba signos compatibles co consumo de alcol e outras drogas, foi sometido ás probas pertinentes, dando un resultado positivo de cocaína e de alcol de 0,48 miligramos por litro de aire aspirado.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...