InicioSociedadeFeirantes denuncian trato "inxusto e arbitrario" por parte do Concello do Porriño

Feirantes denuncian trato “inxusto e arbitrario” por parte do Concello do Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reivindicou que o goberno local "cumpre a lei", polo que non autoriza a instalación das atraccións que non contan coa documentación necesaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación de Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia (Emafega) denunciou o trato “inxusto, arbitrario e sistemático” levado a cabo, ao seu xuízo, polo Concello do Porriño nas festas de San Benito. Segundo indicaron nun comunicado, varios titulares presentaron “en tempo e forma” as súas declaracións responsables e documentación técnica, conforme á normativa galega vixente.

En cambio, o Concello “emitiu requirimentos defectuosos e sen identificación técnica válida, que foron respondidos con alegacións fundamentadas e dentro de prazo”. Con todo, segundo Emafega, “ningunha foi contestada”. “O ocorrido este mes de xullo non é un caso illado, senón a confirmación dun patrón de fustrigación institucional deliberado, repetido xa no ano 2024”, apuntaron, lembrando que o ano pasado a varias atraccións xa instaladas en festas da localidade impedíuselles a apertura por suposta “falta de seguridade”. “As atraccións si cumpren, o Concello, non”, denuncian, acusando o goberno municipal de “mentir” porque “non quere atraccións” e “prefire culpar aos feirantes”.

CONCELLO

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reivindicou que o goberno local “cumpre a lei”, polo que non autoriza a instalación das atraccións que non contan coa documentación necesaria. El lembrou que O Porriño foi o primeiro municipio galego que impediu o funcionamento das atraccións xa o ano pasado se non tiñan todo o papelorio en orde.

En declaracións a Europa Press, Lorenzo dixo que os técnicos municipais non deron o visto e prace ás atraccións que presentaron a súa documentación para as Festas de San Benito, polo que non foron autorizadas. El subliñou que xa o ano pasado se lles explicou a situación aos feirantes, para que solucionasen os erros, que se repetiron nesta ocasión novamente.

Para el, a documentación que presentan non é a “idónea” que se pide por lei, referíndose, por exemplo, ao libro de operacións dos aparellos, que ten que estar selado cada ano por un técnico enxeñeiro. “Non sei que fan outros concellos, pero no Porriño se non cumpren coa lexislación, non poden operar”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...