InicioEconomíaSPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta...

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry operará baixo un modelo "one-stop-shop" para enfocarse na produción dos chips, que se prevé de 20.000 obleas ao ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica, e Zona Franca) para a posta en marcha da planta de semiconductores fotónicos na cidade de Vigo, no parque tecnolóxico de Valladares. A firma deste acordo estratéxico materializa o respaldo do Goberno tras o acordo do Consello de Ministros para aprobar un investimento de 17,2 millóns de euros canalizada pola Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT) no marco do PERTE Chip.

Co acto deste luns, os promotores do proxecto, xunto cos principais investidores, dan continuidade ao desenvolvemento da futura fábrica de chips fotónicos de Vigo grazas a unha gobernación multipartita que acelerará a súa posta en marcha e permitirá que a instalación estea plenamente operativa no segundo semestre de 2027.

SPARC Foundry operará baixo un modelo “one-stop-shop” para enfocarse na produción dos chips, que se prevé de 20.000 obleas ao ano. A produción realizarase nunha ‘sala limpa’ de última xeración, empregando materiais III-V (fosfuro de indio, arseniuro de galio e nitruro de galio) para aplicacións en telecomunicacións, automoción, computación cuántica e defensa. O proxecto creará 200 empregos directos de alta cualificación e preto de 550 indirectos, dinamizando o tecido tecnolóxico español e reforzando a soberanía tecnolóxica europea.

EXEMPLO DE COLABORACIÓN E REFERENTE EN FOTÓNICA

O delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, subliñou que este acordo de investimento “é o mellor exemplo de colaboración público-privada” e resultado dun proceso de moitos meses de traballo entre Zona Franca, empresas e administracións. Así mesmo, lembrou que este mesmo luns publícase a licitación da planta de chips. Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou que o paso dado este luns materializa o inicio do que será “un xigante tecnolóxico en Europa”.

O director de estratexia de Indra Group (socio maioritario de SPARC), Héctor Ávarez, explicou que esta operación permite á firma entrar no deseño e fabricación de semiconductores baseados en nitruro de galio, un elemento base crítico para os sistemas de defensa e aeroespaciais. “Desta forma damos un novo paso para contribuír á autonomía estratéxica de España e de Europa e a impulsar as capacidades industriais e o emprego, mediante un modelo de colaboración público-privada”, remarcou.

Javier Ponce, director xeral da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica, sinalou que a SETT utiliza instrumentos financeiros para atender as novas realidades do sector económico tecnolóxico e de sectores económicos demandantes de tecnoloxías dixitais, apoiándose no modelo de colaboración público-privada. O CEO de SPARC Foundry, Francisco Díaz-Otero, remarcou que o acordo de investimento “afianza” o proxecto. “Estamos a sentar as bases para converter Vigo e España nun referente europeo da fotónica”, engadiu.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...