InicioCulturaMikel Izal incorpórase ao cartel do Galicia Fest

Mikel Izal incorpórase ao cartel do Galicia Fest

Izal actuará o 29 de agosto, día no que tamén se subirán ao escenario Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtasis, xunto a outro artista que aínda está pendente de ser anunciado. O sábado 30 de agosto actuarán Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do Galicia Fest confirmou este luns a incorporación de Mikel Izal ao cartel do festival, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo. Izal actuará o 29 de agosto, día no que tamén se subirán ao escenario Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtasis, xunto a outro artista que aínda está pendente de ser anunciado. O sábado 30 de agosto actuarán Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops.

Na presentación das novidades do festival participaron o director do festival, Antonio Casal; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez; e a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz. Todos coincidiron en sinalar que a incorporación de Mikel Izal é “unha aposta pola excelencia” e un compromiso co xénero que define a esencia do festival.

Así, Luisa Sánchez animou á xente a participar neste novo festival, cun “cartel de primeiro nivel e unha localización inmellorable”. Mentres, Ana Ortiz destacou que o Galicia Fest “está chamado a ser un referente cultural do verán” Actualmente está dispoñible o segundo tramo de abonos para o Galicia Fest, cun prezo de 50 euros máis gastos de xestión. Tamén se poden adquirir xa as entradas para cada día, a un prezo de 35 euros máis gastos, na páxina web galiciafest.gal.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...