InicioSociedadeCondenado a 2 anos de cárcere por agredir e ameazar á súa...

Condenado a 2 anos de cárcere por agredir e ameazar á súa parella nun piso de Vigo, e a dous familiares que tentaron evitalo

No transcurso dunha pelexa coa súa parella, o acusado deulle puñadas na cara, colleuna do pescozo e tirouna contra a mesa da cociña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman dous anos e un mes de prisión a un veciño de Vigo por agredir e ameazar á súa parella, así como a dous familiares dela que tentaron mediar. Os feitos ocorreron en xaneiro de 2023, cando acusado e parella mantiveron unha discusión no domicilio dela na cidade olívica, onde tamén estaban os fillos menores da muller, froito dunha relación anterior. No transcurso da pelexa, o acusado deulle puñadas na cara, colleuna do pescozo e tirouna contra a mesa da cociña.

A continuación foise da vivenda e volveu pouco despois para recoller as súas pertenzas. Ao domicilio acudiron tamén unha curmá da muller e un fillo desta familiar, xa que a muller avisoulles. Cando o acusado chegou por segunda vez, volveu agredir á súa parella e tamén arremeteu contra a curmá e o fillo desta, á vez que os amenzaba a todos de morte. No momento destes feitos, o procesado consumira alcol, que afectara ás súas capacidades. Antes do xuízo, o procesado transferiu á súa parella 3.000 euros e outros 500 euros para a súa curmá e o fillo desta, en concepto de indemnización por danos e prexuízos.

DELITOS E PENAS

A Audiencia considerou probado que o acusado é autor de dous delitos de malos tratos, coas atenuantes de embriaguez e reparación do dano, polos que o condena a un total de 9 meses de cárcere, a privación do dereito a portar armas durante un ano e a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por tres anos. Tamén o condena por un delito de ameazas á súa parella, co agravante de parentesco, e as atenuantes xa referidas, á pena de 6 meses de prisión e a prohibición de achegarse ou comunicarse con ela por dous anos.

Con respecto aos familiares da vítima, o tribunal condenouno por dous delitos leves de lesións, a penas que suman 540 euros de multa, coas atenuantes de reparación do dano e embriaguez. E por dous delitos de ameazas, coas mesmas atenuantes, a penas que suman 10 meses de prisión.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...