InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo un ciclista que se negou a facer o test...

Detido en Vigo un ciclista que se negou a facer o test de drogas

O ciclista circulaba facendo zigzag cando os axentes o interceptaron, instándoo a deterse e realizar un test de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un ciclista de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia, tras negarse a deterse cando así llo requiriu unha patrulla e tras negarse a realizar o test de drogas aínda que presentaba incidios de circular baixo os efectos dalgunha sustancia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá do martes, cando unha dotación do 092 observou circulando a un ciclista pola rúa Severino Cobas facendo zigzag e conducindo dunha forma anómala. Ao facerlle indicacións para que se detivese, o home fixo caso omiso e emprendeu a fuxida, meténdose por unha pista estreita para que o vehículo policial non puidese seguilo. Tras dar aviso a outras patrullas, a Policía logrou interceptalo pouco despois.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...