InicioSucesosUn choque entre un coche e un bus urbano en Castrelos deixa...

Un choque entre un coche e un bus urbano en Castrelos deixa 9 feridos trasladados a hospitais

O accidente ocorreu sobre as 9.30 horas, á altura do número 81 do Camiño da Falcoa, e nese momento viaxaban unhas 10 persoas no autocar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre un turismo e un bus urbano, rexistrada na mañá deste luns na zona de Castrelos, en Vigo, saldouse con varias persoas feridas, nove das cales foron trasladadas a centros sanitarios, segundo informaron o 112 Galicia e o 061. O accidente ocorreu sobre as 9.30 horas, á altura do número 81 do Camiño da Falcoa, e nese momento viaxaban unhas 10 persoas no autocar.

O 061 informou de que, ata o punto, desprazáronse unha ambulancia de soporte vital avanzado e tres ambulancias de soporte vital básico. Finalmente, foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro dous homes, A.B.V. e A.V.R., de 74 e 88 anos de idade; e unha muller, C.R.P., de 82 anos. Ao hospital Povisa foron trasladadas tres mulleres, M.A.G., D.A.F., e M.R.D., de 59, 79 e 72 anos de idade; e outras tres mulleres foron ao Sanatorio Concheiro: A.R.F., de 85 anos de idade; L.G.G., de 67 anos, e J.P.F., de 80 anos.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...