InicioSociedadeXúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Piden penas de 20 e 10 anos de cárcere, ademais dunha indemnización conxunta de máis de 427.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acusada de queimar dous autobuses da empresa concesionaria do transporte urbano, Vitrasa. A Fiscalía solicita un total de 30 anos de prisión, 20 para el como autor material dos incendios e 10 para ela, traballadora da compañía, por cooperación necesaria nun dos feitos. Ademais, enfróntanse ao pagamento dunha indemnización superior aos 427.000 euros polos danos ocasionados.

Os feitos ocorreron en abril de 2023. Segundo o Ministerio Fiscal, o home accedeu a un autobús sobre as 21.52 horas cun artefacto incendiario caseiro, que consistía nunha bolsa con material combustible impregnado de gasolina. Colocouno baixo un asento e, ao prendelo, berrou “lume”, obrigando o condutor a deter o vehículo e permitir o descenso dos viaxeiros, unhas dez persoas, algunhas de avanzada idade. Neste primeiro caso, os danos limitáronse a 4.673,34 euros grazas á rápida intervención do condutor.

Pouco despois, o mesmo home subiu a outro autobús conducido pola súa parella e repetiu a acción. Neste segundo caso, o vehículo resultou completamente calcinado e os danos ascenderon a 423.183,22 euros. A Fiscalía destaca o perigo xerado para a vida das persoas a bordo, tendo en conta a súa idade e posibles limitacións físicas.

En total, a acusación pública atribúe aos procesados dous delitos de incendio con risco para as persoas. Ademais das penas de prisión, solicita que el asuma os custos do primeiro incendio e que ambos paguen conxuntamente a indemnización polo segundo vehículo destruído.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...