InicioSucesosDous detidos e incautados 33 quilos de cocaína e 41 de haxix...

Dous detidos e incautados 33 quilos de cocaína e 41 de haxix nun operativo policial en Vigo

Utilizaban vehículos 'caleteados' para ocultar a droga

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da UDYCO da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nas últimas horas a dous homes nun operativo antidroga no que se incautaron de 33 quilos de cocaína e 41 quilos de haxix. Segundo informaron fontes policiais, os axentes levaban tempo investigando a unha organización dedicada a introducir droga en Vigo para a súa posterior distribución a outros puntos do noroeste peninsular.

As pescudas deron o seu froito este xoves, cando se puido comprobar que os delincuentes empregaban un aparcadoiro público da cidade para ocultar a droga dentro dun vehículo alí estacionado, e que funcionaba a modo de ‘trasteiro’. Así, os sospeitosos acudían ao aparcadoiro para deixar e recoller mercadoría no coche, preparado con habitáculos para ocultar a mercadoría.

Ao mediodía deste xoves, o principal investigado da organización accedeu a ese aparcadoiro no seu coche e achegouse o vehículo-trasteiro, momento en que foi interceptado por axentes da Policía.

VEHÍCULOS ‘CALETEADOS’

Os axentes rexistraron ambos os vehículos, os dous ‘caleteados’, e atoparon no primeiro deles 30 paquetes con algo máis dun quilo de cocaína cada un, e un paquete dun quilo de haxix.

Paralelamente, outro membro da organización foi detido na zona do Meixoeiro, tamén interceptado no seu vehículo que, igualmente, estaba caleteado. Nese caso, os axentes atoparon outros 40 quilos de haxix. No marco desta operación tamén levou a cabo un rexistro domiciliario, no que se interviñeron unha báscula grande e unha máquina de envasar ao baleiro. Os detidos e as dilixencias foron postos a disposición do xulgado de instrución 1 de Vigo.

ÚLTIMAS

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...