InicioSociedadeUn mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha...

Un mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha moza en Vigo, á que ameazou cunha arma simulada

O procesado padece un trastorno da percepción desde o seu nacemento (é xordomudo) e presenta un baixo nivel socioeducativo e unha personalidade inmatura. Deste xeito, a Fiscalía considera que ten unha diminución moderada das súas capacidades intelectivas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo enfróntase á pena de 3 anos de prisión como presunto autor dun delito de agresión sexual, por realizar supostamente tocamentos a unha moza, á que intimidou cun arma de fogo simulada. O acusado será xulgado na sala do Penal de 3 de Vigo este luns. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 14 de abril de 2024, cando a vítima saía da súa vivenda para pasear ao seu can. O acusado achegouse a ela facéndolle xestos coma se pedíselle lume para un cigarro.

A moza asustouse e volveu para regresar ao portal, pero o acusado botouse a correr detrás dela. Na carreira, ela caeu e foi alcanzada polo procesado, que a tomou fortemente do brazo e obrigouna a desprazarse cara unha zona escura da fachada do edificio, onde lle puxo unha pistola no lado esquerdo da cara, mentres a cominaba con xestos a gardar silencio. O acusado realizoulle tocamentos na zona xenital mentres lle facía xestos lascivos e inequivocamente sexuais. Nun momento determinado, a vítima sufriu un mareo debido ao medo e finxiu un desmaio. Deste xeito, ante un descoido do seu agresor, saíu á carreira cara ao portal e comezou a chamar aos telefonillos.

O procesado perseguiuna e continuou facéndolle tocamentos, mesmo cando a moza logrou entrar ao portal tras abrirlle un veciño, pero finalmente fuxiu do lugar ao ver que ela subía á segunda planta. O procesado padece un trastorno da percepción desde o seu nacemento (é xordomudo) e presenta un baixo nivel socioeducativo e unha personalidade inmatura. Deste xeito, a Fiscalía considera que ten unha diminución moderada das súas capacidades intelectivas.

A arma que utilizou era unha pistola simulada de plástico, pero “confundible cunha arma de fogo real”. Por estes feitos, o ministerio público considérao autor dun delito de agresión sexual concorrendo a violencia e a intimidación, e pide a aplicación da atenuante de alteracións da percepción. Así, solicita que se condene á pena de 3 anos de prisión, a 4 anos de liberdade vixiada e que se lle inhabilite durante 7 anos para exercer oficios ou profesións nas que puidese ter relación con menores. Igualmente, reclama que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa vítima durante 5 anos, e que a indemnice en 4.000 euros polos danos morais.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...