InicioPolíticaO PP acusa a Caballero de ser "responsable político" das condenas por...

O PP acusa a Caballero de ser “responsable político” das condenas por corrupción que acumulan socialistas vigueses

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, lamentou que o alcalde vigués "fale moito cando lle convén e escóndase cando ten que dar explicacións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou ao alcalde, Abel Caballero, de ser “responsable político” das condenas por corrupción que acumulan socialistas vigueses. A última delas, segundo dixo, produciuse este mesmo mércores, cando o ex alcalde pedáneo de Bembrive, Roberto Ballesteros, recoñeceu ante o xuíz elaborar facturas falsas e, por tanto, ser culpable de novos delitos de prevaricación, malversación de caudais públicos e falsidade documental.

Tal como lembrou, é a cuarta condena que se lle impón a este representante socialista, “ao que Caballero puxo á fronte das listas electorais á Pedanía de Bembrive en dúas ocasións” para despois gardar “silencio” ante os “escándalos” xulgados. A estes casos habería que sumar, a xuízo de Sánchez, a condena por prevaricación na adxudicación de contratos públicos do sucesor de Ballesteros na Entidade local Menor, Marcos Castro.

“Non entanto, ningunha das sentenzas que salpicaron á Pedanía de Bembrive serviron para restaurar a normalidade nesta institución, xa que o seu actual responsable, a socialista Patricia Otero, leva catro anos sen render contas ante o Consello de Contas”, lamentou a diligente ‘popular’. Luisa Sánchez lamentou que o alcalde vigués “fale moito cando lle convén e escóndase cando ten que dar explicacións”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...