InicioMovementos SociaisOs servizos de urxencias convocan folga e denuncian de novo a súa...

Os servizos de urxencias convocan folga e denuncian de novo a súa sobrecarga de traballo

Os problemas son aínda máis numerosos nos concellos máis pequeños.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Vigo, Ferrol e Compostela retomaron este martes as concentracións, que se desenvolverán até o vindeiro 17 de decembro para reclamar máis persoal e a mellora das condicións laborais e da atención ao usuario. Denuncian sobrecarga de traballo, falta de equipos de seguridade e discriminación, polo que insisten na equiparación coas condicións laborais do resto de persoal do Sergas.

PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez

Dende a representación do persoal denuncian que malia que os profesionais dos PAC estiveron un mes en folga e a pesar das reiteradas afirmacións da Administración nas que manifestaba a súa disposición a dialogar e a chegar acordos, “a realidade é que non houbo ningún contacto co comité de folga para negociar co obxectivo de atender as reivindicacións do colectivo”.

Ademais, sosteñen que neste tempo endurecéronse as condicións de traballo, sobre todo do colectivo médico, “ao que se lle está a estender a xornada a golpe de burofax”. Ao mesmo tempo, deixouse sen cubrir a presenza de facultativos en numerosas ocasións en varios centros. Na área de Vigo sucedeu no PAC da Guarda, en Redondela e en Moaña.

PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez

Denuncian que as durísimas condicións de traballo que padece o persoal da área viguesa fan que un 15% dos traballadores se atope en situación de incapacidade temporal, ao tempo que advirten que “non sería estrano pensar que nas próximas semanas esta proporción puidera aumentar pola presión á que a EOXI de Vigo está a someter os seus empregados”.

Sinalan que na práctica se suspenderon case todos os permisos, polo que é moi difícil poder acollerse a una redución de xornada por coidado dun fillo ou persoa dependente: “É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito; é un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora sexan denegadas”.

PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez

Neste senso, sinalan que “a última volta de torca” é a de obrigar aos facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación: “Recentemente unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada por necesidades do servizo a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo”.

E os problemas, engaden, son maiores nos concellos máis pequenos: “Se hai só dous médicos e un enfermeiro e hai que saír a un domicilio queda un médico só. Se xorde unha cousa seria e grave precísanse dúas persoas como mínimo. Se tes un infarto un médico só pode facer até un límite nada máis”.

ÚLTIMAS

Detida unha parella en Vigo tras unha pelexa na rúa con acusacións mutuas de agresión

A Policía Local de Vigo detivo na noite deste pasado xoves a unha parella...

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está...

A Xunta descarga a responsabilidade dos crimes machistas nas propias vítimas cando deciden “romper a relación”

O órgano fiscalizador denuncia que os investimentos en sensibilización caeron de 8 millóns en...

Acordo entre Nueva Pescanova e sindicatos que “frea retrocesos” e inclúe melloras salariais

Nova Pescanova e sindicatos alcanzaron un acordo durante a negociación do convenio colectivo do...