InicioVigo e contornaVigoPresentados máis de 15 proxectos para redactar o proxecto do inmoble de...

Presentados máis de 15 proxectos para redactar o proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos en Vigo

O edificio contará tamén con zona de usos múltiples para reunións ou actividades diversas como ximnasio ou celebración de eventos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta recibiu un total de 17 ofertas para a redacción do proxecto e da dirección de obra para a construción en Vigo dun edificio de aloxamentos compartidos e temporais en aluguer accesible, destinado a mozos menores de 36 anos.

Segundo explica o Goberno galego, este contrato licítase por un orzamento que rolda os 445.000 euros, co obxectivo de redactar o proxecto deste inmoble, que albergará 80 aloxamentos en Navia.

Os mozos poderán dispor durante ata tres anos do apartamento. O obxectivo, segundo indica a Xunta, é facilitar a súa emancipación. O edificio contará tamén con zona de usos múltiples para reunións ou actividades diversas como ximnasio ou celebración de eventos. Tamén haberá lavandaría e garaxes.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...