InicioPolíticaO PP de Vigo pide contratar unha asistencia técnica que supervise a...

O PP de Vigo pide contratar unha asistencia técnica que supervise a montaxe de atraccións un ano despois do accidente mortal de Matamá

O concelleiro popular Miguel Martín urxiu ao alcalde de Vigo a suplir esta falta de medios coa contratación dunha firma especializada, unha "práctica habitual" noutros municipios "moito máis pequenos e con menor capacidade económica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo solicitou ao goberno local que contrate unha asistencia técnica externa que se encargue de supervisar a montaxe das atraccións nas festas de verán, tras o accidente que custou a vida a un mozo no Saltamontes, durante os festexos da parroquia de Matamá, en agosto do ano pasado (un accidente que está a ser investigado polo xulgado de instrución 3 de Vigo).

Así o trasladou o PP á Concellaría de Festas a través dun rogo formulado nas comisións informativas do presente mes de maio. O portavoz do grupo, Miguel Martín, reclamou ao rexedor socialista que cumpra coa Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, que obriga ás administracións locais a revisar e comprobar as atraccións de feira das festas populares. “Unha responsabilidade que o goberno de Abel Cabalero sacudiuse de enriba o ano pasado ao eludir o seu labor”, lamentou.

Neste sentido, o concelleiro popular urxiu ao alcalde de Vigo a suplir esta falta de medios coa contratación dunha firma especializada, unha “práctica habitual” noutros municipios “moito máis pequenos e con menor capacidade económica”. Para o PP de Vigo, o “desgraciado e fatídico” accidente ocorrido o pasado verán no ‘Saltamontes’ veu precedido dun “absoluto abandono de funcións deste goberno municipal”, xa que a atracción estivo a operar con total normalidade a pesar de non obter o correspondente permiso municipal de instalación.

“O mesmo que xa pasara anteriormente nas festas de Beade, onde tamén estivo a traballar sen a autorización municipal pertinente. Ninguén supervisou en ningún momento a instalación desta atracción e, o que é peor, ninguén a obrigou a cesar a súa actividade por carecer de licenza”, criticou. Miguel Martín sinalou ao goberno local como “máximo responsable” de todo isto porque “súa é a obrigación última de facer cumprir a lei”. “Cousa que non fixo. Moi ao contrario, lamentablemente asistimos a un intento por tratar de lavar as mans e sacudirse de enriba a súa responsabilidade tratando vergonzosamente de imputarlla a outros”, engadiu.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...