InicioPolíticaCaballero e Losada afean á Xunta que oculte o investimento municipal e...

Caballero e Losada afean á Xunta que oculte o investimento municipal e do Goberno na obra da Avenida de Galicia

O alcalde lembrou que, nestas obras, a Xunta achega "só" 2,5 millóns de euros, fronte aos máis de 4 millóns procedentes do Goberno central, aos que se suman 1,5 millóns do Concello para os traballos de saneamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, afearon este xoves á Xunta que oculte o investimento municipal e da do Goberno central (procedente de fondos europeos) na reforma da Avenida de Galicia, e apelaron á “lealdade institucional”.

En declaracións aos medios, convocados na propia Avenida de Galicia, o alcalde lembrou que, nestas obras, a Xunta achega “só” 2,5 millóns de euros, fronte aos máis de 4 millóns procedentes do Goberno central, aos que se suman 1,5 millóns do Concello para os traballos de saneamento. “Queremos contalo para darlle transparencia, e pór de manifesto que, se un pasa por aquí, ve Xunta de Galicia en todos os valos. Nin un só cartel publicitando Goberno de España, que ten por obrigación que pór a Xunta”, subliñou o rexedor, minutos despois de que unha operaria colocase o cartel co logo do ‘Concello de Vigo’ en varias dos valos da obra.

Caballero apelou á “lealdade institucional” e subliñou que “se o goberno de España achega o dobre dos recursos que achega a Xunta de Galicia, ten que aparecer o Goberno de España”, á vez que lamentou que non é a primeira vez que se oculta ese financiamento da administración central, pondo como exemplo a senda ciclo-peonil da fachada portuaria. Pola súa banda, Abel Losada, incidiu na importancia de que os veciños coñezan “que se fai cos seus impostos” e apelou tamén á “colaboración institucional”. “Porque para calquera administración é moi fácil que outro cobre os impostos e despois que esa administración gaste e poña carteis (…) este é un exemplo paradigmático”, apostilou.

Respecto diso, confirmou que enviou hai semanas unha carta ao presidente da Xunta, “con pouco éxito”, para porlle de manifesto esta cuestión, e sinalou que, como subdelegado, cada vez que visita un Concello, avisa ao alcalde, da cor política que sexa. “E gustaríanos que a Xunta de Galicia o fixese cos alcaldes e tamén co Goberno de España cando este cofinancia, neste caso ademais, moi maioritariamente, as obras”, engadiu. Por outra banda, tras sinalar que a achega do Goberno á obra da Avenida de Galicia procede do Fondo de Reconstrución e Resiliencia, lembrou que o PP “tentou paralo en Bruxelas e votou en contra en Madrid”, e pon os seus propios carteis nas actuacións. Finalmente, volveu a pedir lealdade institucional e “transparencia, porque “iso é calidade democrática” e “respecto aos veciños.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...