InicioPolíticaO BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar...

O BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar a AP-9 como “alternativa máis sustentable”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia o "despropósito" da alternativa escollida polo Ministerio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defenderá este martes unha proposición non de lei que ten como obxectivo “deixar sen efecto” o actual proxecto de prolongación da A-52 entre O Porriño e Vigo, a liberación das peaxes da AP-9 e unha “aposta decidida” pola mellora da A-55. Nun comunicado, o BNG alertou de que o proxecto impulsado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable “implica un forte impacto ambiental, territorial e social”.

A infraestrutura proxectada, detallou o BNG, contempla un túnel de catro quilómetros e un viaduto de “grandes dimensións”, así como “múltiples expropiacións, afectando vivendas terreos e o benestar dos veciños”. “A alternativa escollida polo Ministerio é un despropósito xa que non resolve os problemas actuais de mobilidade, duplica unha infraestrutura xa existente e causa unha grave afección ambiental e social. Hai opcións mellores, máis baratas e máis respectuosas cos veciños“, asegurou Rego.

O Congreso debaterá e votará unha iniciativa do BNG onde os puntos resolutivos recollen “a necesidade de retirar” o proxecto de trazado da A-52 entre O Porriño e Vigo, por ser “innecesario, duplicar infraestruturas e ter un elevado impacto territorial, ambiental e social”. Desta forma, solicitan ao Mitma que elabore un novo estudo de alternativas que inclúa a liberación da AP-9 e melloras nas conexións viarias, para unha solución “máis racional e sustentable”. Así mesmo, a formación nacionalista urxe “axilizar as actuacións pendentes” na A-55, especialmente nas zonas con maior sinistralidade, para garantir a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...