InicioSociedadeA Guarda recomenda non beber auga da traída debido á carga de...

A Guarda recomenda non beber auga da traída debido á carga de sedimentos que leva

O consistorio recomenda non utilizar esta auga durante dous días debido a este problema

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello da Guarda recomendou aos seus veciños non beber auga da traída nin cociñar con ela durante os próximos dous días debido aos sedimentos que presenta polo arrastre de lodos.

Nun comunicado, o goberno municipal informou da detección de turbidez na rede de abastecemento municipal, provocada polo arrastre de lodos e sedimentos cara ás captacións, debido ás intensas choivas dos últimos días.

Segundo sinalaron fontes municipais, a auga continúa recibindo os tratamentos de desinfección habituais pero recoméndase non usala para beber ou cociñar “ata que se normalice a situación e recupere os niveis óptimos de claridade”.

Igualmente, o Concello solicitou ás persoas que dispoñen de filtros de sedimentos instalados no contador que procedan á súa revisión, porque poderían atoparse obstruidos.

Finalmente, agradeceu a “comprensión” dos veciños e lembrou que, ante calquera dúbida ou incidencia, poden porse en contacto co Consistorio polas canles habituais.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...