InicioVigo e contornaVigoCaballero visita o novo parque de bombeiros de Esturáns que abrirá "en...

Caballero visita o novo parque de bombeiros de Esturáns que abrirá “en 10 días”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o novo parque de bombeiros de Esturáns, asegurando que abrirá “en 10 días”.

Ante os medios de comunicación, o rexedor puxo en valor estas novas instalacións, que se atopan nunha localización “magnífica” en pleno barrio de Coia, preto do Porto, que é “un potencial xerador de atención” dos bombeiros.

El lembrou que este parque substituirá ao que estaba en Balaídos, que era unha “cochambre” e daba “náuseas”, cumprindo así un “compromiso” do goberno local.

Tras felicitar aos arquitectos, á empresa que realizou a obra e demais responsables do proxecto, Caballero dixo que está pendente a chegada de mobiliario, polo que se prevé que o parque estea operativo “en 10 días”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...