InicioVigo e contornaVigoDous veciños de Vigo detidos por presuntas ameazas ás súas respectivas nais...

Dous veciños de Vigo detidos por presuntas ameazas ás súas respectivas nais septuaxenarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a dous veciños da cidade, como presuntos autores de senllos delitos de ameazas graves e violencia familiar, tras ameazar e agredir ás súas respectivas nais, dúas mulleres septuaxenarias.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar na tarde deste mércores, cando unha dotación acudiu a un domicilio do Camiño Pepe Castro, na zona de Lavadores, alertada por unha muller que informaba de que o seu fillo a ameazou e esgrimira dous coitelos.

Cando chegaron, os axentes atopáronse cun home de 44 anos de idade, R.R.R., que non tiña ningunha arma branca nas mans, pero que tampouco accedía a saír da vivenda para entrevistarse cos funcionarios.

O home negouse a colaborar e chegou a loitar cos axentes, chegando a causarlle lesións a dúas deles, ata que foi finalmente inmobilizado e engrilletado.

A nai do home, de 72 anos de idade, relatou aos policías que, no transcurso dunha discusión, o seu fillo ameazara con matala, mostrándolle dous coitelos. No domicilio atopábase unha empregada doméstica, que corroborou a versión da muller.

Os axentes localizaron os dous coitelos dentro dun estoxo, na habitación do fillo, polo que procederon á súa detención como suposto autor dun delito de ameazas graves e outro de atentado contra axente da autoridade.

AGRESIÓN

Por outra banda, a última hora da tarde deste xoves, a Policía Local acudiu a un domicilio da Avenida de Balaídos, despois de recibir a chamada dunha muller de 70 anos que pedía axuda porque o seu fillo a golpeou e estaba nunha actitude moi agresiva.

Cando chegaron os policías, a muller estaba moi nerviosa e chorando, e explicou que o seu fillo lle tentou romper o móbil, suxeitáraa polo pelo e levouna fóra da vivenda, deixándoa sen poder entrar no domicilio.

Os axentes entrevistáronse o fillo, J.P.C., de 49 anos, que recoñeceu que botara de casa á súa nai, co argumento de que a vivenda é súa e a súa proxenitora non paga nada, pero negou a agresión.

Con todo, un veciño explicou aos policías que escoitaba habitualmente berros e insultos por parte do fillo cara á súa nai, e mesmo ruído de golpes, descoñecendo se llos propinaba a ela. Por estes feitos, os funcionarios procederon á detención do home, como suposto autor dun delito de violencia familiar.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...