InicioVigo e contornaVigoCaballero anuncia unha reunión coa RFEF ante o "escándalo" das sedes do...

Caballero anuncia unha reunión coa RFEF ante o “escándalo” das sedes do mundial: “Esiximos toda a información”

Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor lamentou que agora a RFEF lles trasladou que accederán a todo aquilo que "non é confidencial", reivindicado el "toda a información" porque se trata dun concurso público "que se baremó e puntuouse".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o luns 12 de maio reunirase en Las Rozas (Madrid) con representantes da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) ante o “escándalo” das sedes do mundial: “Esiximos toda a información”.

Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor lamentou que agora a RFEF lles trasladou que accederán a todo aquilo que “non é confidencial”, reivindicado el “toda a información” porque se trata dun concurso público “que se baremó e puntuouse”.

“Hai negros nuboeiros. Foi un escándalo e queremos luz e claridade”, apuntou, insistindo en que solicitará “absolutamente todo”, desde os criterios, os baremos utilizados ata as reunións levadas a cabo, os lugares onde se celebraron e as persoas que acudiron a cada unha delas.

“Todo con actas”, subliñou, asegurando que o Concello xa prepara o proceso xudicial para que a Federación “repoña a Vigo como sede porque Vigo gañou”.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...