InicioEconomíaA industria Viguesa recupera a "normalidade"

A industria Viguesa recupera a “normalidade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Grandes empresas galegas como Stellantis, en Vigo, e Alcoa, en San Cibrao, Cervo (Lugo); recuperaron a normalidade “con algunhas dificultades” no proceso de rerranque tras o apagamento que as mantivo sen enerxía durante horas. Así o confirman fontes de ambas as compañías. Por unha banda, Stellantis recuperou a actividade na quenda de mañá –que entra ás 6,00 horas– deste martes, con algunhas dificultades “que se van liquidando”.

PORTO DE VIGO

Tamén noutros puntos de gran actividade da xeografía galega como o Porto de Vigo afirman estar “a traballar con normalidade”. Ás 4,15 horas procedeuse á apertura da lonxa e o mercado. Deste xeito posibilitouse a operativa da frota de cerco e baixura, que si saíran a faenar, podendo así operar “coas máximas condicións de seguridade e salubridade”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...