InicioCulturaA RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

No seu discurso, reivindicou unha relectura da historia da arte afastada dos esquemas centralistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), nun acto celebrado en Vigo, como académico de número da Sección de Expertos nas Artes da institución.

López, que leu o seu discurso ‘Un contexto para a arte galega de entreguerras’, agradeceu a súa incorporación á RAGBA e manifestou o seu recordo admirativo á súa antecesora na sección de expertos nas artes, a historiadora da arte Ana Goy Diz, “analista rigorosa do pasado artístico”.

Así mesmo, lembrando os seus inicios, volveu a vista á época universitaria en Santiago de Compostela onde cursou a licenciatura de Xeografía e Historia e elaborou unha “consciente asunción da lingua e cultura galegas” como algo central da súa propia existencia.

As miñas achegas tentaron incidir na necesaria descentralización e ruptura dos esquemas centralistas para elaborar unha reescritura situada da nosa historia, afastándonos das lóxicas asumidas e asumindo a conciencia do lugar desde o que falamos”, destacou.

O historiador recalcou que é fundamental analizar o pasado desde o presente e o desde o pasado para realizar unha historia da arte entendida como intervención crítica, co obxectivo de construír unha relación dialéctica entre a tradición na que se está inserindo o valor orixinario da obra e o seu presente.

Ademais do presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, e outros académicos da organización, asistiron ao evento autoridades políticas e representantes da Universidade de Vigo, da Fundación Penzol, da Fundación Vicente Risco, da Fundación Carlos Casares e da Fundación Manuel Moldes, entre outros.

ÚLTIMAS

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...