InicioSociedadeDesmantelan en Mos unha festa rave

Desmantelan en Mos unha festa rave

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre unha festa rave que se planeou no merendero da Gándara, no municipio de Mos. Nun comunicado explican que a actuación levou a cabo en resposta a unha posible celebración non autorizada, que xerou preocupación pola seguridade e a orde pública na zona.

Así, despregouse un dispositivo de prevención que contou coa colaboración da USECIC, Subsector de Tráfico e patrullas da Compañía de Vigo. Durante a operación, os axentes identificaron os organizadores do evento e limitaron o acceso á zona, impedindo a chegada de máis asistentes en vehículo.

A presenza de aproximadamente 10 persoas montando un escenario e unhas 30 persoas que subiron a pé, tras a restrición de acceso con vehículos, evidenciou a intención de realizar a festa. Tras as xestións policiais, ás 08.18 desta mañá, os organizadores informaron a través de redes sociais que o evento quedaba suspendido. Os asistentes comezaron a abandonar o lugar de maneira ordenada, garantindo así a tranquilidade na zona.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...