InicioVigo e contornaVigoDenuncian o "desmantelamento" do servizo de deportes de Vigo: "Imos á privatización...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

Os sindicatos lamentaron que este "desmantelamento" afecta a gran parte dos servizos públicos municipais, e non só ás prazas de persoal laboral

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o “desmantelamento” do servizo municipal de deportes, encamiñado a unha “privatización total”, e alertaron de que este modo de actuar por parte do goberno municipal estendeuse a practicamente todos os servizos públicos nunha “estratexia premeditada”.

No caso concreto de deportes, os sindicatos explicaron a Europa Press que os servizos se prestan por parte de empresas privadas na práctica totalidade das instalacións (máis dunha vintena), fóra dos complexos de Samil e As Travesas, o ximnasio da Carmen e o pavillón de O Berbés.

Para atender a ese catro instalacións, explicaron, hai actualmente 29 traballadores públicos, pero hai outras 20 prazas sen cubrir: 3 conserxes responsables, 11 oficiais de instalacións (dúas delas por recentes xubilacións), 5 oficiais de mantemento e unha de axudante de mantemento. A situación repítese tamén na parte administrativa do servizo, con 9 traballadores en activo e 7 prazas sen cubrir.

Segundo denunciaron, para poder prestar o servizo, ante a escaseza de persoal, no seu momento eran os axudantes de instalacións os que facían máis funcións das que lles correspondían, a cambio dunha compensación, pero, desde 2021, deixáronse de pagar esas produtividades e os traballadores acudiron aos tribunais, que lles deron a razón.

Ante a situación, desde o Concello optouse por outra solución, unha encomenda de servizos durante 6 meses, pero o comité sospeita que a intención última é acabar privatizando o servizo, como se fixo no resto de instalacións.

“Esta non é unha situación casual, é unha estratexia planificada. Primeiro non se cobren as vacantes, provócase unha situación de necesidade, non se recorre á Bolsa de traballo nin se executan as OPE, e coa escusa de que os usuarios protestan e débese prestar o servizo, existe a coartada perfecta para contratar unha empresa privada”, explicaron, e insistiron en que é unha “táctica” que se repite na maioría de servizos municipais externos, como xardíns, VigoNature (antes Vigozoo), etc.

Os sindicatos lamentaron que este “desmantelamento” afecta a gran parte dos servizos públicos municipais, e non só ás prazas de persoal laboral. Así, lembraron que, nos últimos anos, o Concello da cidade olívica pasou de ter uns 1.500 traballadores a menos de mil, e que máis do 50 % das prazas en servizos externos están desempeñadas por empregados de empresas privadas.

Só nos orzamentos do exercicio pasado quedaron sen executar uns 11 millóns de euros do capítulo 1 (destinado a gastos de persoal), incidiron, e engadiron que os servizos privatizados “saen moito máis caros ao contribuínte”.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o acordo de Medicina: “É un mal pacto para Vigo e a Xunta forzou aos reitores”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, considera unha "mala noticia" o acordo alcanzado entre...

Ferido grave en Vigo ao ser atropelado por un patinete eléctrico mentres baixaba do autobús

Un home de 58 anos de idade, J.M.S.X., resultou ferido grave este luns despois...

Jacobo Porteiro lánzase ao Reitorado da UVigo cunha candidatura “de consenso” para modernizar unha universidade en pleno cambio

O catedrático na área de Máquinas e Motores Térmicos na Escola de Enxeñaría Industrial...

Unha rolda de prensa do PPdeG nun narcopiso “rebenta” un operativo policial en marcha en Vigo

O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, mostrouse este luns "escandalizado"...