InicioSociedadeCondenado o Vithas de Vigo por diagnosticar unha lumbalxia a unha...

Condenado o Vithas de Vigo por diagnosticar unha lumbalxia a unha paciente que tiña cancro avanzado

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra revogou unha sentenza dun xulgado de primeira instancia de Vigo, e condenou ao hospital Vithas Vigo a indemnizar con 35.000 euros á familia dunha paciente á que diagnosticaron unha lumbalxia cando, en realidade, tiña un cancro de pulmón avanzado, e que acabou falecendo semanas despois.

O xulgado de primeira instancia desestimou a demanda interposta pola familia, pero a Audiencia estimou as alegacións presentadas, e considera que os profesionais deste hospital privado non actuaron coa dilixencia debida nin tiveron unha actitude proactiva para “facer unha indagación máis exhaustiva” sobre a orixe da dor que refería a paciente.

Segundo se recolle na sentenza do tribunal provincial, desde principios de xaneiro de 2019, a muller acudiu varias veces ao hospital por unha dor nun ombreiro e por ua fractura de xeonllo. Nese momento, pautóuselle rehabilitación e fármacos, pero co paso dos meses a dor non mellorou. Cara a final dese ano, a muller acudiu a Urxencias do hospital cunha dor intensa na rexión lumbar/costal, e diagnosticóuselle unha lumbalxia. Esa dor foi empeorando co paso dos días, e fixo que a paciente acudise varias veces ao hospital, obtendo sempre o mesmo diagnóstico.

Ademais, nesas semanas, a muller referiu dificultades para respirar, perda de peso e outros síntomas. Finalmente, en xaneiro de 2020 acudiu ao Chuvi e, nunha primeira radiografía, detectáronlle un derrame pleural.

Tras ingresar en pneumoloxía e ser sometida a varias probas, confirmouse o diagnóstico: tiña un adenocarcinoma pulmonar en estadio IV con metástasis e afección na pleura, o fémur, as costelas, as vértebras e a rexión ilíaca. A súa situación era tan complicada que só se lle puideron aplicar tratamentos paliativos, e o 17 de febreiro de 2020 faleceu.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...