InicioSucesosFerido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o...

Ferido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o asperxese con gasolina e lle prendese lume

Abel Losada mostra a súa "preocupación" pola "desatención" de pacientes con enfermidades mentais e as "intolerables" listas de espera en psiquiatría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 78 anos de idade resultou ferido na tarde deste pasado luns en Mos despois de que supostamente o seu fillo, de 43 anos, o asperxese con gasolina e lle prendese lume. Segundo explica o subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, o home sufriu queimaduras nunha perna, polo que foi trasladado a un centro hospitalario de Vigo, onde se está recuperando. Ademais, o suceso provocou un incendio no garaxe da vivenda que ambos compartían.

Losada informou de que o suposto agresor sufría problemas psiquiátricos e estaba medicado, segundo as primeiras investigacións da Garda Civil. Por iso, tamén foi desprazado ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa valoración. A Benemérita trata agora de pescudar se as lesións sufridas polo pai se deben a un acto intencionado ou accidental. Respecto diso, o subdelegado expresou “todo o seu apoio” ás familias con pacientes con enfermidades mentais que sofren brotes psicóticos agresivos.

Segundo el, isto trátase dun “problema grave” que na provincia está a manifestarse “repetidamente”, polo que mostrou a súa “preocupación” pola “desatención” deste tipo de pacientes, ante “intolerables” listas de espera que en psiquiatría superan os 100 días, segundo dixo. Tamén apuntou á “escaseza ou inexistencia” de recursos para a atención a estas persoas e ao “deficiente” funcionamento da Fundación Pública da Consellería de Política Social, encargada de tutelar a persoas adultas. Abel Losada lembrou que o ano pasado faleceron tres anciás agredidas polos seus fillos ou irmáns e outras dúas mulleres sufriron feridas. “Unha vez máis, dar a voz de alerta ante un problema sanitario que está a ter repercusións directas e graves na seguridade cidadá”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...