InicioEconomíaMulta de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

PUBLICADO O

- Advertisement -

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros polo cartel den reciclaxe na UE.

Volkswagen, Stellantis e outros trece fabricantes de automóbiles e a súa asociación de automóbiles foron multados este martes por un total de 458 millóns de euros polos reguladores antimonopolio da UE por participar nun cártel de reciclaxe de vehículos.

A Comisión Europea, que investigou ás empresas hai tres anos, dixo que o cártel, no que participaban vehículos ao final da súa vida útil, tivo lugar entre maio de 2002 e setembro de 2017, coa participación e colaboración da asociación de fabricantes de automóbiles ACEA que organizou reunións e contactos entre as empresas.

A reciclaxe de vehículos ao final da súa vida útil é cando os coches son desmantelados e procesados para a súa reciclaxe e eliminación unha vez que xa non son aptos para o seu uso.

Que facía o cártel?

A investigación revelou que os fabricantes acordaron durante 15 anos (2002-2017): 
Non pagar ás empresas de desguace polo procesamento de vehículos vellos, a pesar de que a lexislación europea os obriga a asumir estes custos. 

Ocultar información sobre a porcentaxe de materiais reciclados nos coches novos, evitando así que os consumidores puidesen comparar a sostenibilidade entre marcas. 

Coordinar contratos cos desguazadores e compartir datos sensibles, co obxectivo de limitar a competencia. 

O cártel acordou non pagar (ou pagar menos) a estes centros, trasladando ilegalmente o custo aos desguazadores e, en última instancia aos consumidores.

Controlar o mercado de pezas usadas

Limitaban a competencia entre desguaces
Acordaron prezos baixos para as pezas reutilizables (como motores ou chasis). 

Bloquearon a venda de compoñentes a terceiros (por exemplo, talleres independentes). 

Compartiron datos confidenciais (como volumes de chatarra ou metais recuperables) para evitar que uns desguaces ofrecesen mellores condicións que outros. 

Obstaculizar a innovación verde. O cartel retrasou tecnoloxías de reciclaxe avanzado (como a recuperación de baterías ou plásticos) para non asumir custos adicionais. 

Por que foi grave?

Dano medioambiental: Menos reciclaxe real do declarado. 

Engano ao consumidor: Os compradores crían que os seus coches eran “verdes” cando non o eran. 

Prexuízo aos pequenos desguaces: Moitos quebraron ao non poder negociar libremente. 

Por que Stellantis recibiu unha multa tan alta?


Por volume de negocio. As sancións calculáronse en base ao número de vehículos afectados e a duración da infracción. Stellantis, como un dos maiores grupos do sector, tivo unha participación destacada. 


“Non toleraremos cárteles de ningún tipo, e iso inclúe aqueles que suprimen a concienciación dos clientes e a demanda de produtos máis respectuosos co medio ambiente”, dixo a xefa antimonopolio da UE, Teresa Ribera, nun comunicado.

A multa de Volkswagen foi a maior con 127,69 millóns de euros, seguida de Stellantis cun total de 99,5 millóns de euros (logo da reduccióndo 50%) , Renault-Nissan en 81,46 millóns de euros e Ford con 41,46 millóns de euros.

Outros membros do cártel sansionados son: Toyota, Mitsubishi, Honda, Hyundai, Jaguar Land Rover, Mazda e Volvo.
Mercedes-Benz evitou unha multa por alertar aos axentes da UE sobre o cartel.

A ACEA foi sancionada con 500.000 euros.

Todos os fabricantes de automóbiles admitiron un delito a cambio dunha redución do 10% das súas multas.

Nun comunicado, Stellantis recoñeceu a decisión do organismo de competencia da UE, despois de que colaborara na investigación para reducir a sua multa nun 50% que superaba os 150 millóns de euros.

A sanción de Stellantis xa aparece reflexada nos resultados do ano 2024 da compañía.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...