InicioSociedadePiden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual...

Piden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual e de roubo con violencia

Os feitos ocorreron en maio de 2022 cando o acusado agrediu á vítima despois de invitala a consumir cocaína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o día 4 un xuízo por un delito de agresión sexual e outro de roubo con violencia contra o que se xulga a un home, para o que Fiscalía pide penas que suman 11 anos de cárcere.

Os feitos, segundo recolle o escrito de cualificación fiscal, producíronse na madrugada do 29 de maio de 2022 cando o procesado, nunha rúa de Vigo, convidou á vítima a consumir unha dose de cocaína para que o acompañase aos baños do aparcadoiro público existente na zona.

Unha vez no interior, pechou a porta e agarrou o pelo da vítima, da que tentou que lle realizase unha felación aínda que sen conseguilo pola oposición desta persoa. Posteriormente, empuxouna contra a parede, agarrouna con forza e consumou a agresión sexual “de forma brusca en varias ocasións”. Posteriormente, colleu o móbil que a vítima levaba nun bolsilo e marchou rapidamente do lugar. Con motivo da súa detención, o teléfono foi recuperado.

Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de agresión sexual con penetración polo que pide nove anos de cárcere e outro de roubo con violencia polo que solicita outros dous anos. Tamén debe indemnizar á vítima con dez mil euros por dano moral.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...