InicioPolíticaO BNG defenderá no próximo pleno esixir explicacións á RFEF sobre o...

O BNG defenderá no próximo pleno esixir explicacións á RFEF sobre o “escándalo” das sedes

"Os vigueses merecen explicacións destas irregularidades, con independencia da súa opinión sobre a posibilidade de ser Vigo sede mundialista" declarou o portavoz nacionalista Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo defenderá no próximo pleno municipal, que levará a cabo o luns 31 de marzo, un acordo “unánime” para esixir á Real Federación Española de Fútbol explicacións sobre o “escándalo” da elección das sedes do Mundial.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, anunciou o rexistro dunha emenda ás mocións presentadas polo PSOE e o PP co obxectivo de posibilitar un acordo de toda a corporación “e evitar que continúen utilizando o asunto como arma na súa permanente pelexa partidista”.

Igrexas cualificou de “moi graves e moi preocupantes” as informacións publicadas polo diario ‘El Mundo’ esta semana, que asegura que a Federación “manipulou” as puntuacións das sedes para deixar fóra a Vigo e meter a Anoeta.

Respecto diso, dixo que se trata dunha “chapuza de nivel olímpico” ou dunha “pura cacicada, que en nada sería sorprendente por parte dunha entidade presidida por Rafael Louzán”.

“Os vigueses merecen explicacións destas irregularidades, con independencia da súa opinión sobre a posibilidade de ser Vigo sede mundialista ou da valoración dos seus custos e beneficios para a cidade”, engadiu.

Pola súa banda, este mércores o alcalde, Abel Caballero, volveu a falar sobre o tema. Nun audio difundido aos medios de comunicación, insistiu en pedir explicacións a Louzán, que non compareceu desde que estalou a polémica o pasado luns.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...