InicioSucesosCondenada a 6 anos de cárcere a moza que deixou cego dun...

Condenada a 6 anos de cárcere a moza que deixou cego dun ollo ao seu noivo ao golpearlle cun cargador de móbil en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 6 anos de prisión a María C.S., como autora dun delito de lesións agravado, tras deixar cego dun ollo ao seu noivo no transcurso dunha discusión e despois de golpearlle a cara co cargador dun teléfono móbil.

Os feitos ocorreron en Vigo, en abril de 2021, e o tribunal considera probado que a procesada “propinoulle varios golpes no rostro usando as mans e despois golpeouno co cargador”, de maneira que o home, a súa parella nese momento, perdeu o ollo esquerdo e tiveron que implantarlle unha prótese.

No xuízo, a muller admitiu que golpeara ao seu noivo, pero insistiu en que o sucedido fora un accidente e que en ningún momento tivo o ánimo de causarlle unha lesión tan grave. De feito, explicou que actuara así para defenderse, porque o seu noivo a estaba agredindo.

Na súa sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, a Audiencia contempla a circunstancia agravante de parentesco, pola relación entre acusada e vítima, e tamén as atenuantes de confesión e dilacións indebidas. Ademais da pena de prisión, o tribunal impón á acusada a prohibición de achegase ou comunicarse co prexudicado durante un período de 10 anos, e unha indemnización de 72.000 euros polas lesións e as secuelas, ademais da cantidade que se acredite en sentenza pola necesidade de repor periodicamente a prótese ocular (co límite de 48.000 euros).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...