InicioSucesosCachan en Vigo a dous homes que estaban en busca e captura

Cachan en Vigo a dous homes que estaban en busca e captura

A Policía Local de Vigo detivo nos últimos días a dous homes sobre os que pesaba unha orde xudicial de procura e arresto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo nos últimos días a dous homes sobre os que pesaba unha orde xudicial de procura e arresto. A primeira intervención levouse a cabo o pasado domingo, día 16 de marzo, cando os axentes observaron a un home na rúa García Barbón que portaba unha bolsa do hospital e mostraba unha actitude esquiva tras decatarse da presencial policial.

Por iso, déronlle o alto para comprobar se se escapou dalgún centro médico, sendo O.E.T.A. de Perú e 42 anos de idade. Así, ao cotexar os seus datos, os funcionarios decatáronse de que figurada sobre el unha orde de detención ditaminada por un xulgado de Barcelona, sendo arrestado e posto a disposición da autoridade competente. Así mesmo, este pasado mércores na rúa Aragón unha patrulla decatouse dun home con actitude evasiva, dándolle así o alto. Tratábase de L.C.L. de Vigo e 45 anos de idade, sobre o cal había unha orde de procura, detención e personación do Xulgado do Penal número 1 da cidade.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...