InicioDeportesO Marisquiño recibirá 1,3 millóns de apoio municipal

O Marisquiño recibirá 1,3 millóns de apoio municipal

A administración municipal achega o 85 % do financiamento do evento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o promotor do Marisquiño, Carlos Domínguez ‘Pity’, asinaron este luns o convenio de colaboración para a celebración da XXV edición do festival, que recolle unha achega municipal de máis de 1,3 millóns de euros. O acto, que tivo lugar aos pés do recinto amurallado do Castro, contou coa presenza da tenente de Alcalde, Carmela Silva, e dos concelleiros Javier Pardo, Manel Fernández e Carmen Lago.

O rexedor subliñou que a administración municipal achega o 85 % do financiamento do evento, e puxo en valor a repercusión internacional do Marisquiño, “o mellor certame de deporte urbano do mundo no verán”, e o seu papel para “relanzar Vigo”. Pola súa banda, Carlos Domínguez apostou por converter a edición de 2025 na “mellor da historia” do Marisquiño, e agradeceu a implicación do alcalde e do Concello, antes de confirmar que, este ano, a cita contará cunha programación máis ampla e ocupará máis espazo.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...