InicioSucesosTenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso...

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras tentar tirar pola xanela do domicilio á súa parella no transcurso dunha discusión. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando unha testemuña chamou ao 092 para informar sobre unha discusión nun domicilio da rúa Pazo, onde un home tratara de tirar pola xanela a unha muller.

Unha vez na vivenda, os axentes foron recibidos polo home, que se mostrou sorprendido pola súa presenza. Os funcionarios entrevistáronse coa muller, que confirmou que mantiveran unha discusión e que a súa parella se puxo moi violento. Ela tratara de refuxiarse nun dormitorio, pero o home entrou e, suxeitándoa pola roupa, arrastrouna ata a xanela coa intención de arroxala ao baleiro. A muller logrou zafarse e, ao instante, un familiar chegou ao domicilio, interpóndose entre ambos. Por eses feitos, o home foi detido por un suposto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...