InicioPolíticaO PP de Vigo critica que o goberno local quedou "fóra das...

O PP de Vigo critica que o goberno local quedou “fóra das axudas” para a implantación dunha PassVigo turística

"O goberno do seu amigo Pedro Sánchez non se cre tanto iso de que somos referencia mundial á altura das grandes capitais, segundo parece", sinalou Miguel Martín, que acusou ao alcalde, Abel Caballero de "vender, unha vez máis, a pel do oso antes de cazalo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo criticou este martes que o goberno local de Abel Caballero sumou un novo “fracaso” na obtención de fondos europeos, ao quedar “fóra das axudas” para a transformación dixital e modernización de entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (RDTI), cun proxecto para virtualizar o cartón PassVigo para usos turísticos.

Segundo trasladou o portavoz do grupo ‘popular’, Miguel Martín, o Ministerio de Turismo seleccionou un total de 29 propostas gañadoras, pero non se elixiu a proposta de Vigo, que pedía 4 millóns de euros para pór en marcha este cartón destinado a turistas, co que ofrecerlles información sobre aloxamento e restaurantes, obter descontos ou pagar no transporte público. “O goberno do seu amigo Pedro Sánchez non se cre tanto iso de que somos referencia mundial á altura das grandes capitais, segundo parece”, sinalou Miguel Martín, que acusou ao alcalde, Abel Caballero de “vender, unha vez máis, a pel do oso antes de cazalo”.

Martín cuestionou se o goberno porá en marcha igualmente este proxecto con fondos propios ou se “caerá no esquecemento como tantas outras obras que anuncia e que nunca pasan do titular do día”. O portavoz do PP lembrou que o goberno de Vigo xa perdeu outras oportunidades de conseguir fondos europeos a través de convocatorias do Goberno de España.

Así, referiuse a as dúas ocasións nas que quedou fóra das axudas (1,5 millóns solicitados) para obras de acondicionamento do Pazo de Castrelos, ou os dous intentos errados para lograr 6 millóns no PERTE de dixitalización do ciclo da auga. Outros fondos tiveron que ser devoltos por falta de execución, engadiu Miguel Martín, como os que se ían a dedicar á reforma do mercado de Teis, á creación dunha plataforma de venda ‘en liña’ ou aos parques infantís de Camilo José Cela e O Berbés. “A quen lle vai botar a culpa esta vez? O comodín da Xunta non lle vale”, concluíu o edil popular.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...