InicioSociedadePiden 12 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...

Piden 12 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de abusos sexuais

A Audiencia de Pontevedra xulgará o vindeiro venres na súa sede de Vigo a un home que se enfronta a 12 anos cárcere por un delito continuado de abusos sexuais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Pontevedra xulgará o vindeiro venres na súa sede de Vigo a un home que se enfronta a 12 anos cárcere por un delito continuado de abusos sexuais. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse desde o ano 2018 ata xaneiro de 2019 no domicilio do acusado e nun lugar público.

Por iso, o Ministerio Público solicita 12 anos de prisión, e a prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima, tanto da súa persoa coomo do seu domicilio, centro de traballo ou calquera outro lugar onde se atope.

Así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio de comunicación, informático ou telemático, contacto escrito, verbal ou visual, todo iso por un período superior a 9 anos ao da duración da pena de privación de liberdade que se impoña en sentenza.

Ademais, a inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que leve contacto regular e directo con persoas menores de idade, por un tempo superior a cinco anos ao da duración da pena de privación de liberdade que se impoña en sentenza. Con todo, o acusado indemnizará á vítima na cantidade de 26.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...