InicioDeportesCaballero esixe o cesamento de Diego Calvo "por dicir que as sedes...

Caballero esixe o cesamento de Diego Calvo “por dicir que as sedes do mundial adxudícanse por influencias”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este mércores o cesamento do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, por afirmar nunha carta que a cidade olívica non pasou o corte para ser seleccionada como sede do Mundial de 2030 pola “ausencia de influencia do goberno local”.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor sinalou que a carta de Diego Calvo fai apreciacións, “a maior parte pexorativamente negativas”, sobre a candidatura de Vigo para ser sede dese campionato e traslada: “Sentimos que as posibles carencias que puidese ter a proposta olívica xunto coa ausencia de influencia do goberno local non permitisen a Vigo pasar o corte”.

Esta frase é intolerable, inadmisible, porque está a dicir que a Vigo non se lle adxudica a sede do Mundial por ausencia de influencia. Está a falar de que as sedes se adxudicaron polas influencias que os gobernos das cidades puidesen ter”, proclamou, antes de matizar que a selección de sedes do Mundial viñeron precedidas dunha convocatoria pública cunhas bases e as candidaturas presentadas terían que ser seleccionadas “en base aos méritos e á avaliación dos méritos de acordo cos criterios das bases”.

Respecto diso, Abel Caballero incidiu en que esa valoración debeu ser “obxectiva”, e non depender de influencias dos gobernos locais, e cualificou de “moi grave” a aseveración do conselleiro, polo que esixiu o seu “cesamento inmediato”. Dito isto, o alcalde insistiu en que o proxecto presentado por Vigo era “sólido e bo”, e volveu a pedir que se fagan públicas as puntuacións obtidas por todas as candidaturas. “Nós queremos transparencia e publicidade”, subliñou, e insistiu en que “non pode haber un conselleiro que faga esas afirmacións”.

Está a ir en contra de Vigo dunha forma inadmisible con esa afirmación de que as adxudicacións se fixeron por ausencia de influencia. Non é un criterio a influencia. As influencias non son un criterio na valoración das sedes do Mundial. Oculta algo o señor Calvo cando di isto. Oculta algo. Ten que ser cesado”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Un informe da Xunta estima que a saída sur para o AVE ao Porto demorará ata polo menos 2034

Un informe técnico realizado pola Xunta de Galicia analizando os pasos que restan estima...

Localizada con síntomas de hipotermia unha muller de 62 anos desaparecida este domingo en Mos

Unha muller de 62 anos desaparecida este domingo en Mos foi localizada semiatrapada entre unhas gallas con...

O duro traballo das lavandeiras, centro da campaña da UVigo polo 8M

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e un ano máis, a...

A Xunta adxudica a construción de 38 novas vivendas de promoción pública en Navia, Vigo

A Xunta adxudicou por 7.814.439,06 euros as obras de construción de 38 novas vivendas de...