InicioPolíticaO BNG propón eliminar as cabinas de peaxe na AP-9 entre Vigo...

O BNG propón eliminar as cabinas de peaxe na AP-9 entre Vigo e Redondela

A formación nacionalista reclama medidas para evitar atascos durante as obras en Trasmañó

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego propuxo ao Goberno central a eliminación das cabinas de cobro de peaxe na AP-9 entre Vigo e Redondela para minimizar os atascos que se prevén durante as obras na curva de Trasmañó, en Redondela. A formación nacionalista sostén que esta infraestrutura “xa foi pagada” pola cidadanía galega e insiste en que debe quedar libre de peaxes.

A senadora do BNG, Carme da Silva, demandou ao Executivo central que habilite alternativas para garantir a mobilidade entre Redondela e Vigo mentres se realizan os traballos na estrada N-552, que, segundo lembra, é a única alternativa á autoestrada de pago.

No seu comunicado, o BNG advirte de que “vai ser inevitable” que se produzan atascos, xa que esta vía rexistra un alto volume de tráfico diario. Por iso, a formación nacionalista pide información sobre os prazos de execución das obras e insta o Ministerio de Transportes a tomar medidas para garantir unha circulación fluída na zona afectada.

“Aínda que é certo que, grazas ao acordo de investidura co BNG, logrouse a gratuidade do tramo entre Vigo e Redondela, esta só se aplica mediante telepeaxe“, subliñou Carme da Silva.

A senadora defendeu que a retirada das cabinas de cobro sería un paso máis cara á eliminación total da peaxe neste tramo, unha “demanda histórica” tanto dos veciños como de diversas forzas políticas.

O BNG INSISTE NA ELIMINACIÓN DEFINITIVA DAS PEAXES

O Bloque lembra que a supresión da peaxe entre Vigo e Redondela segue sen ser plena, xa que as bonificacións están condicionadas ao sistema de telepeaxe, o que deixa fóra a moitos usuarios. Por iso, o partido reitera que o Ministerio de Transportes debe avanzar na supresión total da peaxe nesta zona, así como na eliminación das cabinas de cobro.

A formación nacionalista comprométese a seguir traballando para que a AP-9 pase a ser unha vía libre de pagamento en toda Galicia e reclama ao Goberno central que cumpra os compromisos adquiridos para facilitar a mobilidade na comunidade.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...