InicioPolíticaO BNG censura a "galegofobia" de Abel Caballero: "Destina á normalización do...

O BNG censura a “galegofobia” de Abel Caballero: “Destina á normalización do galego menos do 5 % do que gasta nas bolsas de inglés”

O grupo municipal do BNG en Vigo reclama un estudo para coñecer a situación do galego en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo reclamou este luns que o Concello se converta nun “axente normalizador” da lingua galega, ante o retroceso do seu uso na cidade máis grande de Galicia, e censurou que a ordenanza municipal de Normalización Lingüística é “sistematicamente incumprida” polo goberno local de Abel Caballero. “É irracional e un síntoma de autoodio e de clara ‘galegofobia’ que Abel Caballero insista en destinar a actividades de normalización do noso idioma menos do 5 % do que gasta nas bolsas de inglés“, advertiu o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que sinalou que o rexedor é “o primeiro” en vulnerar a normativa municipal, que fixa o galego como idioma oficial e lingua vehicular do Concello.

Pérez Igrexas chamou ao goberno local a “abandonar a inercia” e pór en marcha medidas para estender o uso do galego, entre as que propón a realización dun estudo sociolingüístico en colaboración coa Universidade de Vigo para coñecer a situación da lingua na cidade, xa que o último informe data do ano 2002. “Un punto de partida para levar adiante as medidas necesarias para a normalización do seu uso”, explicou. Por outra banda, pediu tamén “un ambicioso programa de promoción da lingua galega”, dotado polo menos con 150.000 euros, e que se renove de forma urxente o Consello Social da Lingua, pendente desde 2019.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...