InicioSucesosA parella acusada de queimar dous autobuses de Vitrasa en Vigo exponse...

A parella acusada de queimar dous autobuses de Vitrasa en Vigo exponse a 30 anos de cadea

Os feitos remóntanse a abril de 2023, cando o acusado, que viaxaba ao redor das 21.52 horas nun dos autobuses, utilizou un artefacto incendiario caseiro, consistente nunha bolsa con material combustible impregnado de gasolina como elemento acelerador da combustión, que colocou baixo un asento da penúltima fila

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Vigo pide 30 anos de cárcere para a parella acusada de queimar dous autobuses de Vitrasa, a concesionaria de transporte municipal en Vigo en 2023.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, para a traballadora da compañía, que conducía un dos vehículos, solicitan 10 anos prisión por cooperación necesaria nun dos incendios.

Ao outro acusado, o seu compañeiro sentimental, pídenselle 20 anos de cárcere por participar como autor material nos dous sucesos.

A Fiscalía atribúelles dous delitos de incendio con perigo para a vida, posto que no interior dos autobuses viaxaban unhas 10 persoas, algunhas de avanzada idade, “coas limitacións que iso leva”.

FEITOS RELATADOS

Os feitos remóntanse a abril de 2023, cando o acusado, que viaxaba ao redor das 21.52 horas nun dos autobuses, utilizou un artefacto incendiario caseiro, consistente nunha bolsa con material combustible impregnado de gasolina como elemento acelerador da combustión, que colocou baixo un asento da penúltima fila.

Cando prendeu, gritou ‘lume’, o que provocou que o condutor frease rapidamente e abrise as portas para que baixasen os viaxeiros, incluído o acusado. Neste caso, o lume non chegou a estenderse demasiado pola intervención do propio condutor. Os danos orixinados no autobús ascenderon a 4.673,34 euros.

Apuntan que escasos minutos despois, este home subiu a outro autobús, conducido pola outra procesada e levou a cabo a mesma acción. Neste caso, con todo, o vehículo calcinouse por completo. O valor do autobús ascendía a 423.183,22 euros.

En canto á responsabilidade civil, a Fiscalía pide unha indemnización de 46.856,56 euros para Viguesa de Transportes S.L.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...