InicioEconomía66 afectados con 25 días de indemnización por ano traballado, así é...

66 afectados con 25 días de indemnización por ano traballado, así é o acordo de ERE na Levantina

. Fontes sindicais apuntaron que o acordo foi apoiado en asemblea "de forma moi maioritaria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A filial de Levantina no Porriño, Levgranite, comunicou este xoves que alcanzou un acordo co comité de empresa da planta para a aplicación do expediente de regulación de emprego (ERE) que se veu negociando nas últimas semanas, cunha afectación do 57 % do persoal (máximo de 66 traballadores dun total de 116) e saídas progresivas con indemnización de 25 días por ano traballado, ata un máximo de 13 mensualidades.

A empresa trasladou que o acordo “garante a actividade industrial” e, ademais de reducir o impacto no persoal (inicialmente o ERE expúxose para 95 empregados), “mellora as condicións” de saída dos traballadores que se irán. “A compañía quere destacar o respecto e o traballo conxunto cos representantes dos traballadores grazas aos que se puideron atopar alternativas para garantir a súa viabilidade, conservando o máximo número de postos de traballo”, destacou nun comunicado.

Así mesmo, Levgranite sinalou a súa confianza en que a súa nova estrutura “impulse a competitividade” da planta no actual mercado internacional da pedra natural, neste caso do granito, e sinalaron que son conscientes do “impacto social” deste proceso e da “relevenacia de Levgranite no tecido industrial da rexión”. Fontes sindicais apuntaron que o acordo foi apoiado en asemblea “de forma moi maioritaria”, e que a empresa trasladou que o proceso de venda da planta a Grupimar non avanza.

ÚLTIMAS

A UVigo acolle a primeira tese de doutoramento en lingua de signos

A Universidade de Vigo (UVigo) acolleu, por primeira vez na súa historia, a defensa...

Vigo dará o último paso para aprobar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello enviou finalmente o...

O PP de Vigo critica a “inacción” do goberno de Abel Caballero no Plan Normativo 2025

O grupo municipal do PP de Vigo censurou a "inacción" do goberno local de...

“Están enterrando Sanabria”: protesta en Vigo pola eliminación das paradas do AVE

Veciños de Poboa de Sanabria protestaron na mañá deste luns en Vigo ante a...