InicioPolíticaVigo dará o último paso para aprobar o seu Plan Xeral de...

Vigo dará o último paso para aprobar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal

O Concello envía o PXOM ao Boletín Oficial da Provincia tras a súa aprobación en pleno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello enviou finalmente o plan xeral de ordenación municipal (PXOM) da cidade para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), tras aprobarse en pleno xa o pasado 26 de maio.

Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor dixo que se trata do “último trámite” para que a PXOM estea aprobado “para todos os efectos”, polo que dentro de preto dun mes estarao definitivamente.

Caballero puxo en valor este plan, que permitirá, entre outros aspectos, a construción de máis de 50.000 vivendas, das que máis de 14.000 terán algún tipo de protección. “Dentro de moi pouquiñas semanas teremos unha gran noticia en Vigo, a noticia do século: apróbase o plan de ordenación municipal“, sentenciou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...