InicioSucesosInvestigan a catro rapaces, tres deles menores, pola súa participación nunha malleira...

Investigan a catro rapaces, tres deles menores, pola súa participación nunha malleira grupal en Nigrán

Un dos acusados agrediu, presunetamente, ao menor por saudar a unha moza do seu grupo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a catro novos, un de 18 anos e tres menores de 17, pola súa suposta participación nunha malleira grupal a outro menor de 16 anos ocorrida no verán de 2024 nas festas de Praia América, en Nigrán. Segundo explica a Benemérita nun comunicado, os feitos tiveron lugar o 31 de xullo, cando un grupo de persoas agrediron a un menor, propinándolle varias patadas e puñadas, tendo que ser trasladado ao hospital, onde se lle diagnostican varias fracturas de pezas dentais, ematomas e feridas na cara que necesitaron puntos de sutura.

Ademais, no transcurso da pelexa, varios amigos da vítima tentaron auxilialo, recibindo tamén puñadas e patadas, provocando a un deles lesións nun tímpano e un hematoma ao redor do ollo. Por todo iso, os menores agredidos presentaron denuncia ante a Garda Civil que, tras unha “longa e minuciosa investigación”, logrou identificar aos agora investigados, sendo “clave” a declaración de numerosas testemuñas e os recoñecementos fotográficos. A orixe desta agresión puidese ser unha discusión provocada polos “ciumes” dun dos atacantes ante o feito de que o menor agredido saudase a unha moza que formaba parte do grupo no que se atopaban os agresores. As dilixencias foron entregadas na Fiscalía de Menores de Pontevedra e no Xulgado de Garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...