InicioPolíticaO pleno de Vigo nomea Valedora do Cidadán á exdiputada socialista Dolores...

O pleno de Vigo nomea Valedora do Cidadán á exdiputada socialista Dolores Galovart co ‘non’ da oposición

López Font lamentou o "sectarismo político" do PP e do BNG, que "cuestionan" a proposta socialista por ser a muller de Ventura Pérez Mariño, exalcalde do PSOE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo nomeou este luns a Dolores Galovart como nova Valedora do Cidadán, que tomará posesión “nos próximos días”, despois de que se aceptase tamén a renuncia de Luís Espada. A proposta do goberno local foi apoiada, como era previsible, só polo PSOE, mentres que BNG e PP votaron en contra. Foi Carlos López Font o encargado socialista de defender a iniciativa, quen recoñeceu a “inmensa tarefa” de Espada e a traxectoria de Galovart, que a fai “digna” para o cargo.

Font destacou o currículo da maxistrada, que a acredita, ao seu xuízo, como a “persoa idónea” para ser Valedora do Cidadán. “Consideramos un auténtico luxo para a cidade propor á señora Galovart e que ela acepte”, reivindicou, lamentando o “sectarismo político” do PP e do BNG, que “cuestionan” a proposta socialista, insistindo en que o fan por ser a muller de Ventura Pérez Mariño, exalcalde do PSOE.

Xabier Pérez Igrexas, do BNG, apuntou que este debate é unha mostra da deriva “antidemocrática” do goberno local, referíndose tamén ás últimas declaracións do alcalde, Abel Caballero, que dixo que a autovía ao Porriño farase “si ou si”, a pesar das críticas por parte de veciños de Bembrive, que precisamente este luns protestaron no pleno municipal. Para el, é necesario “reforzar a independencia” da Valedoría da Cidadanía, lembrando que o nomeamento de Luís Espada foi “unánime” e non “un dedazo” para designar no posto a unha exdiputada do PSOE.

O concelleiro ‘popular’ Miguel Martín asegurou que “non é unha cuestión persoal”, pero o ser deputada socialista inhabilítaa para o cargo, “e non outros argumentos que se escoitaron estes días”, referíndose, sen nomealo, a que Caballero tamén asegurou que o rexeitamento se debe a que foi esposa de Pérez Mariño. Precisamente o rexedor, nun audio enviado aos medios de comunicación (xa que non acudiu ao pleno ata os últimos minutos do mesmo e non estaba presente nesta votación), celebrou o nomeamento de Galovart, dicindo que tomará posesión “nos próximos días”. Tras pór en valor o traballo e o currículo da exdiputada socialista, insistiu na idea de que PP e BNG a rexeitan por ser muller de Pérez Mariño.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...