InicioSociedadeEnfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Segundo figura no escrito de acusación pública, as forzas policiais tiveron coñecemento de que, o 25 de novembro de 2021 e o 27 de xaneiro de 2022, descargáronse a un teléfono dun veciño de Vigo arquivos de pornografía infantil a través da aplicación WhatsApp.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do Penal 3 da cidade, como suposto autor dun delito de posesión e distribución de pornografía infantil, e a Fiscalía pide para el 3 anos de prisión. Así, segundo figura no escrito de acusación pública, as forzas policiais tiveron coñecemento de que, o 25 de novembro de 2021 e o 27 de xaneiro de 2022, descargáronse a un teléfono arquivos de pornografía infantil a través da aplicación WhatsApp.

As pescudas permitiron identificar o IP e o titular dese teléfono, que resultou ser un veciño de Vigo. Os axentes incautáronse do móbil e, na inspección posterior, atoparon 71 arquivos de contido pedófilo, imaxes nas que podían verse relacións sexuais explícitas entre adultos e menores, e entre menores, con e sen penetración. Ademais, o investigado tamén compartiu por WhatApp as imaxes. Por estes feitos, a Fiscalía considérao autor dun delito de posesión e distribución de pornografía infantil, e pide que sexa condenado a 3 anos de prisión, e que sexa inhabilitado para exercer profesión ou actividade que leve contacto con menores durante 8 anos.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...