InicioSociedadeO BNG apunta a "irregularidades" na concesión do Cunqueiro para "favorecer a...

O BNG apunta a “irregularidades” na concesión do Cunqueiro para “favorecer a construtoras con vínculos co PP”

Acusa aos populares de apostar por un modelo "neoliberal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apuntou este luns ás “irregularidades” levadas a cabo, ao seu xuízo, pola Xunta de Galicia na concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para “favorecer a construtoras con vínculos co PP”. Así o sinalou nunha rolda de prensa realizada esta mañá na cidade olívica, onde insistiu en que os cidadáns galegos pagaron un “sobrecusto” de 470 millóns de euros pola “decisión” do Goberno de Alberto Núñez Feijóo de apostar pola construción “privatizada” do hospital.

“O obxectivo nunca foi darlle a Vigo a mellor sanidade pública, senón facilitar a sanidade privada e que se seguise facendo negocio coa saúde dos vigueses e facilitar o negocio a construtoras que teñen vínculos co PP”, subliñou ante a prensa, onde explicou as conclusións do BNG tras a comisión do Parlamento de Galicia sobre este tema.

Respecto diso, referiuse, por exemplo, á vinculación de ex altos cargos ‘populares’ coa compañía Pontes e Calzadas, unha das que construíu o Cunqueiro, como Tomás Pérez Vidal ou Agustín Fernández. Tamén falou doutros nomes como Rodrigo Rato, vinculado a Bankia, que financiou á UTE concesionaria.

Ademais do “sobrecusto”, Ana Pontón puxo o foco en “irregularidades” como a redución de superficie construída en comparación co proxecto inicial, sen que isto supuxese unha diminución da cantidade paga pola Xunta, que calcula nuns 30 millóns de euros. Entre outras conclusións, o Bloque destacou que a Comisión constatou a “falsa idea de que a única opción de construír o hospital foi a elixida polo PP”.

“IDEOLOXÍA NEOLIBERAL”

Foi unha decisión política, acorde á súa ideoloxía neoliberal. Nin era a única opción nin a máis beneficiosa para as arcas públicas”, lamentou Pontón, queixándose á súa vez dos impedimentos para acceder a certos documentos, que foron denunciados ante o Tribunal Constitucional, do cal aínda non obtiveron resposta.

Preguntada sobre se a comisión serviu para algo, a portavoz do BNG reivindicou que nela se puido ver como o PP xestiona os recursos públicos e “utiliza a Xunta para beneficiar” a persoas vinculadas ao partido. Tamén, ao seu xuízo, quedaron patentes as “irregularidades” cometidas na tramitación da concesión, que foi ampliada unha vez concedida, impedindo a outras empresas concorrer (referíndose a que inicialmente se ían a prestar servizos só no Cunqueiro e na actualidade a concesionara faino tamén no Meixoeiro e no Nicolás Pena, segundo dixo).

ÚLTIMAS

Morre un home en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

Un home faleceu este martes no municipio pontevedrés de Baiona tras ser rescatado da...

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina...

O comité de empresa do Concello de Vigo denuncia o mal estado das instalacións logo da caída dunha xanela

O comité de empresa e a xunta de persoal do Concello de Vigo denunciaron...

O acusado de violar unha muller mentres durmía queda exento de prisión

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este...