InicioOpiniónSabías que o primeiro champán de Galicia embotellouse na Ramallosa?

Sabías que o primeiro champán de Galicia embotellouse na Ramallosa?

Lois Pérez Leira, escritor e ex sindicalista

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maioría dos lectores seguramente non saiban que o primeiro champan producido en Galicia, embotellouse na Ramallosa, nas primeiras décadas do século XX. A empresa Manuel Costas e Compañía foi a encargada de producir, embotellar e distribuír o Champan “Galicia”.

Anteriormente nunca se produciu este viño espumoso para a súa comercialización. Galicia era famosa polos seus viños novos, xa desde a época dos romanos. A principios do século pasado por iniciativa de Bautista López Valeiras, que levaba moitos anos á fronte da Vinicola Galega, asóciose co viticultor da Ramallosa Manuel Costas en 1919 e ambos fundaron a Compañía Manuel Costas.

A Vinicola Galega era por aqueles anos a adega de viño máis grande de Vigo e distribuía varias marcas propias, entre elas: o Gran Viño Quinado “Celta”; Ponche “Celta”; viño branco “Topacio”; Veigas de Galicia “Peares”; Brandy “Perradiña” entre outros.

As oficinas estaban situadas en Vigo desde onde levaba a administración e a súa comercialización. Mentres que a adega e o embotellamento realizábase na Ramallosa, onde Costas tiña o seu chalé e unha extensa zona de vides. Tanto Valeiras como Costas decidiron que o champan levase o nome de Galicia, como forma distintiva de promoción. Non era fácil impoñer este produto no mercado galego, non existía antecedentes de produción anterior. Doutra banda era unha bebida soamente consumida nas clases altas e de forma moi puntual. O champan consumido por aqueles tempos era soamente o francés ou o cava catalán.

A idea destes dous socios era realizar a distribución especialmente en restaurant, hoteis e ultramarinos finos. Esta tarefa estaba en mans de Valeiras, que tiña unha longa experiencia e unha boa carteira de clientes, mentres que Costas era o encargado da produción, embotellamento e etiquetaxes do champan. A instalación da adega xero varios empregos directos na Ramallosa, especialmente na tempada de recolección e embotellamento. A idea da empresa era converter aos pequenos produtores de vide da zona, en provedores da adega.

Co fin de promocionar o seu viño espumoso, realizaron varias campañas publicitarias e convidaron a importantes personalidades de Galicia a visitar as adegas en Nigrán. Nas primeiras décadas daquel século, tanto a vila mariñeira e señorial de Baiona como a comarca do Val Miñor se había convertido nun lugar de residencia da incipiente burguesía galega da provincia de Pontevedra. Empresarios, políticos e nobres e indianos habían construídos as súas mansións especialmente para ser utilizadas nos meses do verán. A pesar do entusiasmo posto por Valeiras e Costas neste emprendemento, en 1925 disolveron a compañía.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...