InicioSucesosPiden máis de cinco anos de cárcere para tres acusados de estafar...

Piden máis de cinco anos de cárcere para tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro xoves, día 16 de xaneiro, a tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos. O caso procede do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo e, para eles, Fiscalía solicita ata cinco anos e medio de prisión como supostos autores dun delito de apropiación indebida e outro de estafa.

Tal como explica o Ministerio público no seu escrito de acusación, foi en maio de 2023 cando unha das acusadas formalizou un contrato de aluguer dun piso situado en Nigrán como empregada dunha inmobiliaria. Así, actuando en conivencia co seu compañeiro e a dona da empresa, cobraron 600 euros como sinal para a reserva dun inmoble á clienta, que non podería entrar ao mesmo ata setembro. Días despois, a futura inquilina solicitoulles o diñeiro, debido a que atopara outro piso ao que si podía acceder de forma inmediata, dándolle “todo tipo de escusas para non devolverlle o diñeiro”, cantidade que quedaron os acusados.

Tamén cobrarían un sinal de 800 euros para un aluguer turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións do aluguer da súa vivenda, quedánse con esa cantidade os acusados.

Por todo iso, Fiscalía acúsaos dun delito de apropiación indebida e outro de estafa ou, alternativamente, un delito continuado de apropiación indebida. Desta maneira, pide tres anos de prisión polo delito de apropiación indebida e dous anos e medio polo delito de estafa ou catro anos de cárcere por apropiación indebida continuada e unha multa de máis de 1.600 euros. En cando á responsabilidade civil, solicita a devolución dos 600 e dos 800 euros aos clientes, así como os intereses legais.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...