InicioPolíticaO BNG pide a Caballero que "deixe de criminalizar a pobreza" e...

O BNG pide a Caballero que “deixe de criminalizar a pobreza” e a combata, no canto de “invisibilizala”

Todo iso despois de que Caballero criticase o "uso indebido, con okupas" do edificio da Avenida de Madrid que ata hai poucos anos acolleu a estación de buses, asegurando que supón "un perigo e un risco serio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que “deixe de criminalizar a pobreza” tras as “lamentables” declaracións realizadas polo rexedor sobre as persoas que “malviven” na antiga estación de autobuses. Todo iso despois de que Caballero criticase o “uso indebido, con okupas” do edificio da Avenida de Madrid que ata hai poucos anos acolleu a estación de buses, asegurando que supón “un perigo e un risco serio”, solicitando á Xunta que ceda os terreos ao Concello para evitar que sexa “un foco de marxinalidade”.

“Temos que esixir a Abel Caballero que cese na súa política aporofóbica porque o abandono institucional das persoas empobrecidas é tamén unha forma de violencia”, reclamou o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, nun comunicado. Así, convidou ao alcalde a pasar unha noite ao aire libre “a ver se é capaz de soster esa frase infame de que dormen na rúa porque queren”.

“A pobreza en Vigo existe e non se resolve apartándoa da vista para invisibilizala, ten que combaterse con xustiza social”, defendeu Igrexas, subliñando que na actualidade hai máis de 60.000 persoas en risco de exclusión na cidade. Segundo as súas cifras, en Vigo hai unhas 200 persoas sen fogar, a pesar de que o albergue municipal dispón de menos de 40 camas. “A situación da antiga estación non é o problema, é o síntoma do problema: A falta dunha verdadeira política de inclusión social”, engadiu.

ÚLTIMAS

Incautada máis dunha tonelada de cocaína nun colector no porto de Vigo e detidas nove persoas

Axentes da Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira incautáronse este mércores de máis de 1.000 quilos de...

Empregados critican que Levantina “marche de Galicia” e “deixe tiradas a 95 familias” a pesar de ser unha actividade “viable”

Empregados da empresa de pedra natural Levantina criticaron que a compañía "marche de Galicia" e...

O renovado PAC do Porriño atenderá a pacientes oncolóxicos para evitar desprazamentos ao Cunqueiro

A reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño permite "optimizar o espazo"...

Un xulgado de Vigo condena a Stellantis por “discriminar” a empregados de baixa ao reducirlles a paga de beneficios

O Xulgado do Social número 2 de Vigo condenou ao grupo automobilístico Stellantis por "descriminar" a...