InicioPolíticaO goberno de Vigo reclama á Xunta a reversión dos terreos da...

O goberno de Vigo reclama á Xunta a reversión dos terreos da antiga estación de bus da Avenida de Madrid

O novo Plan Xeral, pendente de aprobación definitiva, prevé que ese espazo se converta nunha zona verde, aínda que a Xunta propuxo no seu día construír alí un centro interxeracional, con residencia de maiores e escola infantil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo reclama á Xunta de Galicia a reversión “inmediata” dos terreos da antiga estación de autobuses, na Avenida de Madrid, xa que o edificio atópase abandonado e estase deteriorando, tras a apertura da estación intermodal no complexo Vialia de Urzáiz. Así, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, remitiu unha carta á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para instar á reversión deses terreos, que foron cedidos no seu día polo Concello para a terminal de buses, unha vez que xa finalizou o uso para o que foron cedidos.

O alcalde sinalou que agora o edificio da Avenida de Madrid está baleiro, “cun uso indebido, con okupas”, e “supón un perigo e un risco serio”. Ademais, mentres non se executa esa reversión, Caballero reclamou ao goberno galego que asuma a limpeza e mantemento da zona, para evitar que sexa “un foco de marxinalidade”. O novo Plan Xeral, pendente de aprobación definitiva, prevé que ese espazo se converta nunha zona verde, aínda que a Xunta propuxo no seu día construír alí un centro interxeracional, con residencia de maiores e escola infantil.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...